PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DOS CALENDARIOS DOS TROFEOS PROMOCIONAIS NO CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE RALLYES

11 junio, 2024

Logo da comunicación realizada a través de redes sociais pola entidade organizadora do Rallye Ribeira – Ría de Arousa falando dunha cancelación da súa proba e ante a falta de confirmación oficial da cancelación da mesma, dende o comité organizador dos diferentes trofeos promocionais do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes acordouse propoñer, á espera de que sexa refrendado na Comisión Delegada da Federación Galega de Automobilismo, a seguinte modificación dos calendarios dos trofeos da tempada 2024:

  • Supercampionato R5 Pirelli – Recalvi: Rallye de Ferrol (23,24 e 25 de agosto).
  • Top Ten Pirelli Driver Autia B: Rallye Sur do Condado (12,13 e 14 de xullo).
  • Volante FGA e PXP25: Rallye Ourense Ribeira Sacra (20, 21 e 22 de setembro).
  • Pirelli AMF MS: Rallye San Froilán (18,19 e 20 de outubro).
  • Criterium Recalvi – Beca 24: Rallye San Froilán (18,19 e 20 de outubro).

A Federación Galega de Automobilismo quere manifestar o seu apoio ao organizador do Rallye Ribeira – Ría de Arousa polo momento de dificultade que está a pasar e lamenta profundamente os inconvintes creados aos participantes do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes por esta modificación dos seus programas deportivos.

Compartir