«PISKO» VENTÍN E PACO DORADO E ANDREA LAMAS, OS MELLORES NA ESTRADA

16 junio, 2024

Alfonso «Pisko» Ventín foi o vencedor da terceira edición do Rallymix Sidra da Estrada, segunda data puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallymix.

Ventín, que xa foi o dominador da cita inaugural en Touro (tempo final de 43:54.375) , non deu opción aos seus rivais, superando ao segundo clasificado, Javier Martínez Carracedo en pouco máis de catro segundos. O terceiro chanzo do podio da xeral foi para Manuel Rey, a algo máis de 12 segundos.

No trofeo Mrf o vencedor foi o propio Ventín, seguido de Abel Jurado e Miguel González.

Na clase B, primeira victoria do curso para Paco Dorado e Andrea Lamas (Primeiro Copa Pirelli 4×4), no Volkswagen Polo R5 aventaxando en tan só tres décimas de segundo a Tino e Jorge Iglesias (segundo Copa Pirellk 4×4). O terceiro equipo clasificado foi o formado por Daniel Vázquez e Diego Ponte.

Esteban Cotón e Aaron Alonso fixéronse coa Copa Pirelli dúas rodas motrices, por diante de Jesús e Manuel Sánchez e Juan José Pintos e Joel Souto.

A terceira proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallymis será o Rallymix Tomiño Serra de Argallo Figueiro o 28,29 e 30 de xuño.

Compartir