O COLEXIO SANTIAGO APÓSTOL ACOLLEU A DERRADEIRA CHARLA DO PROGRAMA «FGA NAS AULAS DE PRIMARIA» DESTE CURSO

6 junio, 2024

O ciclo de charlas «FGA nas Aulas de Primaria» chegou este xoves 6 de xuño a súa derradeira parada, nesta ocasión no Colexio Santiago Apóstol de Ponteareas. Duodécima xornada de introducción ao mundo do automobilismo deportivo da man da Federación Galega de Automobilismo e coa colaboración de Supermercados GADIS e Lácteos Kalekoi, parte fundamental do proxecto.

Nesta ocasión os invitados foron Alberto Meira e David Míguez, ambos pilotos do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes, que compartiron cos afeccionados máis pequenos as súas experiencias no mundo da competición, ademáis de aprender nocións sobre o mundo do automobilismo deportivo.

Os aproximadamente 50 alumnos que asistiron a esta charla puideron tamén facerlles preguntas aos ponentes, para rematar o día cunha visita ao Dacia Sandero ECO Cup patrocinado pola Deputación de Pontevedra. Como non, os pequenos tamén recibiron a plantilla para participar no concurso de debuxo que fará realidade o seu deseño no Renault Clio Rally 5 de Álvaro Castro Laíño e Isidro Rey nunha proba do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes.

En total foron máis de 700 alumnos os que pasaron por esta primeira edición do programa «FGA nas Aulas de Primaria» que percorreu 12 centros das catro provincias galegas.

Compartir