NOVENTA EQUIPOS NA LIÑA DE SAÍDA DO RALLYMIX SIDRA DA ESTRADA

14 junio, 2024

O Campionato Xunta de Galicia de Rallymix afronta esta fin de semana a súa segunda data puntuable, o Rallymix Sidra da Estrada, organizado pola escudería San Paio.

Finalmente serán 90 equipos os que tomarán a saída na terceira edición da cita pontevedresa, cos principais favoritos ao título nas días clases inscritos nela. Nomes como Alfonso “Pisko” Ventín, Abel Jurado, Antonio Viloria, Sergio Fernández ou David González, parten como candidatos a levarse a modalidade reservada a Carcross, mentres que no apartado de carrozados, Tino e Jorge Iglesias defenden o liderato da competición ante equipos como Paco Dorado e Andrea Lamas, Daniel Vázquez e Diego Ponte ou Jaime Pérez e Gonzalo Cardalda, entre moitos outros.

Ademáis, esta segunda data puntuable para o certame autonómico será puntuable para o Trofeo MRF e para as Copas Pirelli 4×4 e dúas rodas motrices, ademáis do Trofeo Escuderías.

Este venres 14 de xuño, dende as 20:00 horas, turno para as verificacións técnicas optativas, coas obrigatorias para o sábado 15 de xuño dende as 08:30 horas.

A competición dará comezo ás 12:00 coa primeira pasada cronometrada da proba, para afrontar as dúas restantes xusto a continuación.

Para o domingo 16 de xuño, dende as 09:00 horas, turno para as dúas mangas oficiais restantes.

A entrega de premios terá lugar ás 15:00 horas no parque pechado da competición.

Compartir