A FGA ADQUIRE AS NOVAS «PAX RESCUE BOA» COMA EQUIPAMENTO DE SEGURIDADE DOS VEHÍCULOS R

20 junio, 2024

A Federación Galega de Automobilismo adquiriu novo material de extracción para mellorar o equipamento dos vehículos R. Dende o Rallye Comarca de Carballiño a FGA contará con catro dispositivos PAX RESCUE BOA, elemento que actualmente se utiliza en modalidades coma a F1 e o Campionato do Mundo de Rallyes e que facilita a extracción rápida de feridos do interior dos vehículos.

Este dispositivo evita os danos medulares durante a extracción tal e coma pode observarse no seguinte vídeo.

A adquisición deste novo dispositivo forma parte do plan de renovación e modernización do material de rescate da Federación Galega de Automobilismo.

Compartir