A Escudería Rallyactividad comunicou un novo aprazamento do 30ª edición do Autocross de O Castro, séptima proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da modalidade que debería celebrarse este sábado 19 de outubro no circuito de Taragoña.
O motivo son as fortes choivas caídas novamente sobre o circuito, algo que impide realizar os traballos precisos para o reacondicionamento despois do temporal que obrigou ó aprazamento da carreira na primeira ocasión.
Os organizadores, xunto coa Federación Galega de Automobilismo, están a buscar unha nova data para a celebración desta proba.