ANXO LARIÑO, O MELLOR NO SLALOM DE RIANXO

8 septiembre, 2024

Anxo Lariño, aos mandos dun Citroën Saxo VTS, foi o vencedor da novena edición do Slalom de Rianxo, proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da modalidade.

Lariño, piloto non habitual do certame de slalom (1:47.2), impúxose por tres décimas de segundo ao seu irmán Javier, que competiu no mesmo vehículo.

Completou os tres primeiros clasificados Pablo Castro, no Citroën AX.

Aitor Fornos e David Santos completaron os cinco primeiros clasificados da proba.
Na categoría de debutantes o mellor foi José Luis López, seguido de Daniel Ben e Gerardo Alfonso.

María José Chao foi a primeira participante feminina na posición 13 da xeral.
A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Slalom terá lugar o día 27 de setembro en As Somozas.

Compartir