ANTAS DE ULLA DEBUTA ESTA FIN DE SEMANA NO CALENDARIO AUTONÓMICO DE SLALOM

14 junio, 2024

O Campionato Xunta de Galicia de Slalom continúa esta fin de semana coa estrea do Slalom Antas de Ulla – Centro Xeográfico de Galicia.

A cita lucense contará con máis de 40 equipos na liña de saida desta primeira edición, nunha fin de semana chea de eventos relacionados co automobilismo.

Os principais favoritos ao título final estarán nesta carreira, con especial atención á loita, ademáis de pola victoria final, polas distintas agrupacións e trofeos que o organizador, Lucus Rally, marcou no seu regulamento.

Rubén Gandoy defende o liderato do certame ante rivais como Manuel Trevín, Antonio Amor, Aitor Fornos. Daniel deMellado ou Sergio Fernández, entre outros.

En canto aos horarios, a proba comezará o sábado 15 de xuño ás 08:00 horas coas verificacións técnicas e administrativas. Ás 10:30 horas comezará a primeira manga de adestramento, coa segunda xusto a continuación.

Despois do parón do mediodía, turno para as dúas mangas oficiais, a partir das 16:00 horas.

A entrega de premios está marcada para as 21:15 horas.

Compartir