A Federación Galega de Automobilismo abriu os formularios para a expedición de licenzas deportivas para a tempada 2025 (dispoñible no apartado Licenzas desta páxina web), así como o novo sistema S.I.G.A.D. de control e verificación de vehículos.
Tal e como se anunciou previamente, neste 2025 a licenza será única, polo que será admitida nos certames e probas amparadas pola RFEDA.
A consulta do número de licenza poderá ser realizada polo propio usuario, tamén a través do apartado licenzas da FGA.
En canto ao S.I.G.A.D., habilitouse un manual para guiar ao usuario no proceso e posteriores modificacións de datos, que deberán realizarse a través do correo licencias@fga.es . Este novo sistema reemplaza ao antigo pasaporte técnico da FGA e soamente será preciso realizar un S.I.G.A.D. por temporada e vehículo para participar en calquera das modalidades que o esixe.