A FGA ORGANIZA UN TALLER DE PRIMEIROS AUXILIOS NO RALLYE COMARCA DE CARBALLIÑO

19 junio, 2024

A Federación Galega de Automobilismo, dentro das actividades dirixidas a mellorar a formación e seguridade dentro das probas do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes, organiza este venres 21 de xuño ás 16:00 horas na Casa da Cultura de O Carballiño, o I Taller de Primeiros Auxilios en competición.

Esta actividade, de carácter obrigatorio para os participantes do Criterium Galicia Recalvi, a PXP25 e os equipos becados pola FGA no Rallye Comarca de O Carballiño, procura dar nocións de salvamento e actuación en caso de accidente en calquera das competicións que participen.

Durante aproximadamente unha hora, os asistentes aprenderán a facer manobras de reanimación e procedementos para axudar aos seus compañeiros no caso de resultar feridos.

O acto tamén está aberto a oficiais, comisarios, membros de equipos e o resto de inscritos na proba, sendo esta presenza opcional.

No caso de non poder acudir algúns dos integrantes do Criterium Recalvi ou a PXP será preciso que o notifiquen no correo prensa@fga.es .

É importante acudir a este evento coa gorra correspondente á Copa de Promoción na que están inscritos os equipos, xa sexa Pirelli ou Recalvi.

Data e hora: 21 de xuño de 2024 ás 16:00 horas.
Duración da actividade: Entre unha hora e unha hora e media.
Ubicación: Casa da Cultura de O Carballiño.
( https://maps.app.goo.gl/AFzZaWFTVuKpLR3i6 ).

Compartir