TRES DE TRES PARA RUBÉN GANDOY

16 junio, 2024

Rubén Gandoy, aos mandos do seu habitual Peugeot 206, foi o vencedor do Slalom Antas de Ulla – Centro Xeográfico de Galicia, terceira proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da modalidade.

Gandoy, gracias ao tempo rexistrado na segunda e definitiva manga cronometrada, superou en apenas un segundo a Manuel Trevín, nunha fermosa loita durante a tarde do sábado, o que lle serviu para obter o seu terceiro triunfo consecutivo da tempada.

Nesta ocasión, o terceiro chanzo do podio foi para Daniel Mellado, a algo máis de cinco segundos do gañador da competición. Completaron os cinco primeiros clasificados da xeral Diego Gómez e Sergio Fernández.

Dentro da categoría reservada a debutantes, o mellor clasificado foi Daniel Insua, aos mandos do Seat Arosa, seguido de Cristóbal Castro e Iván Ferreiro.

Mariquiña Chao foi novamente a vencedora do trofeo feminino, con Adriana Martínez e Zaida Camino xusto a continuación. O cuarto posto deste trofeo foi para Silvia González.

A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Slalom levará aos participantes ata Laracha, o próximo 29 de xuño.

Compartir