GARCÍA, RODRÍGUEZ, CASTRO, SANTOS E MARTÍNEZ VENCEDORES EN CARBALLO

8 junio, 2024

Diego García, Iago Rodríguez, Enrique Castro, Felipe Santos e Alejandro Martínez foron os grandes triunfadores do Autocross de Carballo, terceira proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Autocross, celebrado o sábado 8 de xuño.

A climatoloxía xogou un papel fundamental, unha vez máis, no desenrolo das cinco categorías puntuables, nas que houbo momentos de emoción constante.

Na Clase I, triunfo final para Alejandro Martínez, que superou por pouco máis dun segundo a Martín Castro e en algo máis de dous a Manoel Felípez.

Felipe Santos foi o mellor na final da Clase II, nunha competición cunha ducia de inscritos. Completaron o podio na final disputada no trazado coruñés, Iván Fernández e Alfonso Álvarez.

Entre os 4×4, que retornaban ao certame en Carballo, primeiro posto para o piloto do Mitsubishi Lancer Evo VI, Enrique Castro, por diante de Sabino García.

Diego García, aos mandos do LifeLive, foi o gañador da sempre competida e abundante clase III reservada aos carcross. Ao seu carón no podio, Alejandro Medín e Antón Muiños.

Sergio Busto foi o primeiro clasificado dentro do Trofeo MRF, mentres que Iván Couto foi segundo e terceiro, Iván Muñiz. Dentro dos participantes júnior do Trofeo MRF, o mellor clasificado foi Daniel Cierto, seguido de Manuel Martíns.

Por último, entre os carcross júnior, nova victoria para Iago Rodríguez, por diante de Pablo Molinos e Daniel Cierto.Os becados da FGA na categoría non remataron a proba.

A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Autocross será en Santa Comba, o próximo 27 de xullo

Compartir