O CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE AUTOCROSS CHEGA A CARBALLO

7 junio, 2024

O Campionato Xunta de Galicia de Autocross chega este sábado ao circuito de Carballo, A Coruña, no que será a terceira proba puntuable dun certame que gaña en inscritos e competitividade.

Nesta ocasión son máis de 50 os equipos que estarán presentes na carreira coruñesa, coa presenza, por segunda vez esta tempada dos participantes da categoría SCC / 4×4, que sempre aportan un plus de espectacularidade ao campionato.

No resto de categorías, todos os principais favoritos aos títulos autonómicos, con 20 participantes entre os carcross e oito dentro da modalidade carcross júnior, na que estarán os dous becados da FGA, Alex Mariño e Dani Abellón.

En canto aos horarios, o Autocross de Carballo celebrará as verificacións dende as 08:00 horas da mañá, para comezar cos adestramentos libres ás 10:30 horas.

A continuación, as 12:15 horas chegarán as mangas de adestramentos oficiais nas diferentes categorías e xa para a tarde, dende as 15:00 horas as clasificatorias e as finais, con horario estimado dende as 19:00 horas.

A entrega de premios será aproximadamente ás 21:30 horas.

Compartir