A ESCUSA, EPICENTRO DA MONTAÑA GALEGA ESTA FIN DE SEMANA

7 junio, 2024

O Campionato Xunta de Galicia de Montaña retómase esta fin de semana coa celebración da terceira proba puntuable, a Subida a Escusa Poio, que nesta tempada 2024 contará con 69 equipos na liña de saída.

A carreira pontevedresa, un clásico no certame autonómico, retorna este curso ao formato habitual de dúas xornadas de competición, cunha manga de adestramento e dúas oficiais durante o sábado e o domingo. Como ven sendo habitual, na tarde do venres 7 de xuño realizaranse as verificacións técnicas opcionais, quedando para o sábado a mañá as obrigatorias para todos aqueles equipos que non o fixeran.

A continuación, turno para a competición, con comezo ás 15:30 horas e celebración das mangas xusto a continuación. Para o domingo, o programa marca o inicio da primeira ascensión ás 9:30 horas da mañá. A entrega de premios está marcada ao remate das ascensións na R. D. Miguel A. Pazo
A Reiboa.

Con respecto aos equipos inscritos, Alexis Vieitez parte como principal favorito a victoria na xeral, nunha cita na que o líder do certame, Jacobo Senín, non estará presente. Tamén tomarán a saida pilotos do nivel de Alfonso «Pisko» Ventín, Abrahán Vázquez, Beni Porto, Jorge Pérez, Manuel Senra ou Jesús López, ademáis do piloto becado pola FGA, Mateo García, que actualmente ocupa o terceiro posto dentro da agrupación 9 de montaña.

E como non, na regularidade, novo fin de semana de emoción cos principais favoritos ao título final inscritos en A Escusa, con Breogán Abalde e Ángel Monteagudo defendendo o liderato do certame.

Compartir