RUBÉN GANDOY LOGRA O SEU SEGUNDO TRIUNFO DA TEMPADA, ESTA VEZ EN AS PONTES

2 junio, 2024

Rubén Gandoy, aos mandos do seu habitual Peugeot 206 XS, foi o vencedor do Slalom Vila de As Pontes, celebrado este pasado día 1 de xuño no circuito de karting da localidade coruñesa.

Gandoy, que xa logrou o triunfo na primeira data puntuable en Guitiriz, marcou un crono de 1:40.043 o que lle serviu para impoñerse a Manuel Trevín, no seu retorno ao certame no seu habitual BMW despois de non competir na proba inaugural, e a Aitor Fornos, que brillou nesta carreira despois de ser o gañador do Desafío Kumho no Rallysprint de Silleda.

Completaron os cinco primeiros clasificados Adrián Villamor e Jacobo Rodríguez.

Adrián Insua foi o mellor clasificado dentro dos participantes na categoría de debutantes cun rexistro de 1:51.577. A continuación clasificáronse Francisco Penabad e Gabriel Díaz.

Na competición feminina primeiro triunfo da tempada para Marta Loureiro, que deixou o crono fixado en 2:10.930. Completaron o podio desta segunda data puntuable do certame Irene Barcia e Silvia Rodríguez.

Compartir