SOLICITUDE E PREZOS LICENCIAS AUTONÓMICAS PARA A TEMPADA DO 2010 
Pasos a seguir para solicitala licencia Autonómica de Galicia:
- Chamar ó teléfono 988-272841, ó envía-los datos que figuran na ficha do encabezado (Fax: 988-271461), explicitando a modalidade ou modalidades nas que desexa competir para a posterior expedición do pasaporte ou pasaportes correspondentes.
- Ingresa-la cantidade correspondente á licencia solicitada na conta de Caixa Galicia número 2091-0406-51-304000127-8.
- Enviar vía fax ó número 988-271461 o ingreso efectuado no cal sexa lexible o nome do titular da licencia a expedir.
- Para recibi-la licencia terase que enviar á Federación Galega de Automobilismo fotocopia do D.N.I., ou do Carnet de Conducir, (anverso e reverso pola mesma cara), debidamente asinado polo solicitante. (ADVERTENCIA: Non se expedirá a licencia tanto en canto non obre en poder da Federación a fotocopia coa firma orixinal).
- No plazo correspondente remitirase o interesado a licencia, así como o Anuario 2010 e os pasaportes solicitados por mensaxeiro urxente.
NOTA: Infórmase da carencia de cinco días hábiles, antes da proba na que se desexe participar, para a solicitude-expedición de calquera tipo de licencia.
Tódalas licencias expedidas pola Federación Galega de Automobilismo están acollidas á "Mutualidad General Deportiva", agás a de Prensa e V.I.P.
ACREDITACIÓN DE PRENSA 